O Barcelona non será castigado pola UEFA e xogará a Liga de Campións
O Barcelona non será castigado pola UEFA e xogará a Liga de Campións
Hai uns días a UEFA denegoulle a posibilidade de xogar a Conference ao Osasuna
O campión de liga poderá defender o seu sitio entre os mellores de Europa. Os dous inspectores da UEFA encargados de investigar os vínculos do Barça con José María Enríquez Negreira amósanse favorables a que os culés poidan xogar a vindeira Liga de Campións. Laporta nunca tivo ningunha dúbida.
O Comité de Apelación da UEFA ten dez días para tomar unha decisión, que o club catalán confía en que sexa favorable aos seus intereses unha vez que o informe de Ética e Disciplina lle deu a razón.
O caso Negreira, que investiga os pagamentos de 7,3 millóns de euroos ao vicepresidente do Comité Técnico de Árbitros entre os os anos 1994 e 2018, está xudicializado. A UEFA prefire agardar a que haxa unha sentenza firme ou se arquive definitivamente o asunto antes de sancionar o Barça.