Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona recupera a supremacía ligueira despois de tres anos

O Barcelona recupera a supremacía ligueira despois de tres anos

Triunfo na primeira temporada completa de Xavi Hernández como adestrador

A fiabilidade defensiva (25 partidos sen recibir un gol), unha das claves

G24.gal 15/05/2023 20:15

Tres temporadas despois do seu último título de liga, e a falta de catro xornadas para que remate este curso, o Barcelona volveu proclamarse campión. O Barcelona coróase con 85 puntos, 14 máis que o Real Madrid. Un ano e medio despois da chegada de Xavi ao banco, o Barça, menos enredado en cuestións de estilo, por fin é un equipo fiable, que, á diferenza da temporada anterior, non se afunde no treito final dos encontros. Así se lograron vitorias determinantes, como a do último clásico, con gol de Kessie no minuto 92.

Conseguir estabilidade era a grande obsesión de Xavi. Esa regularidade é unha das claves desta liga. Vinte e sete vitorias, catro empates e tan só tres derrotas. Nada sería posible sen o labor de Ter Stegen baixo os paus, con 25 de 34 encontros imbatido. O alemán está asinando a mellor temporada dun porteiro na historia da liga.

E sen os goles do equipo, 64 en 34 xornadas. Lewandoski, Dembélé e Raphinha suman máis da metade. Vinte e un son do polaco, a un paso de selar o pichichi. Pero poucos tan valiosos como os marcados por Pedri ante Xetafe, Xirona, Celta e Vilarreal. Catro vitorias por 1-0, marcador habitual este ano, que permitiron sumar 12 puntos.

Detrás dese rexurdir está tamén a man do incombustible Laporta. As súas pancas reactivaron o equipo nun momento de grandes penurias económicas. Pero o investimento non foi suficiente para evitar o segundo fracaso consecutivo en Europa. O presidente fantasea co regreso de Messi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar