O bebé perdido na evacuación do aeroporto de Kabul reencóntrase co seu avó
O bebé perdido na evacuación do aeroporto de Kabul reencóntrase co seu avó
A familia entregouno a un militar estadounidense para salvalo do caos e nunca máis o atoparon
Un taxista e a súa familia fixéronse cargo del desde hai cinco meses
O 19 de agosto de 2021 no medio do caos da evacuación de afgáns ante o control talibán, un bebé de dous meses foi entregado á desesperada a un soldado estadounidense para salvalo. A imaxe deu a volta ao mundo.
A familia non volveu atopalo. Pero un taxista encontrouno tirado no chan do aeroporto e, logo de preguntar se era de alguén, non dubidou e levalo para a casa e tratalo coma a un fillo máis desde entón.
Pasaron cinco meses. Tempo de incerteza para a súa familia, que o buscaba sen descanso desde os EUA a través dos medios e das redes sociais.
Coa axuda da policía talibán, con quen intentaron negociar sen éxito ser evacuados aos EUA, e non exentos de sufrimento por separarse do meniño, localizaron o seu avó e entregáronllo.
Polo momento o neno non poderá reunirse cos seus pais, en Texas, á espera de ser reasentados.
Vivirá co avó e unha tía, pendentes dos seus coidados. Pendente estará tamén a súa nova familia adoptiva, que, ao día seguinte de separarse del, xa foi visitalo.