Publicador de contidos
Publicador de contidos

O BNG reclámalle ao Goberno central a transferencia das vivendas da Sareb a Galicia

O BNG reclámalle ao Goberno central a transferencia das vivendas da Sareb a Galicia

Os nacionalistas din que permitiría paliar un problema que afecta a moitos galegos

Ana Pontón presentou en Vigo as propostas do BNG en materia de vivenda
G24.gal 05/07/2023 13:42

O BNG anunciou que defenderá a "transferencia inmediata" e con carácter gratuíto das vivendas de que dispón en Galicia o banco inmobiliario Sareb en condicións de ser habitadas.

A portavoz nacional do BNG Ana Pontón fixo este anuncio en Vigo, durante un acto de precampaña para as eleccións do 23 de xullo, acompañada pola candidata desa formación ao Congreso pola provincia de Pontevedra Carme da Silva e polo portavoz municipal Xabier P. Igrexas.

"É imprescindible que a Sareb ceda de maneira gratuíta á Xunta todas as súas vivendas en condicións de ser habitadas", dixo Pontón.

Asegurou que os pisos xa foron pagados "co rescate bancario".

A líder do BNG advertiu de que os prezos do alugueiro de pisos subiu, segundo ela, "un 25 %" máis ou menos nos últimos meses e que as familias pagan uns "1.700 euros máis de media ao ano", segundo os seus cálculos.

"A Xunta non fai nada para dar solución aos problemas. Entre 2015 e 2020, no anterior plan de vivenda, a Xunta comprometeuse a 870 novas vivendas e só foron capaces de poñer 40 á disposición", expuxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade