Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán quere un triunfo no Sar que o achegue á salvación

O Breogán quere un triunfo no Sar que o achegue á salvación

G24.gal 23/03/2024 14:42

Centos de afeccionados acudiron o Pazo para despedir o Breogán na súa viaxe a Santiago conscientes da importancia do partido ante o Obradoiro, tal e como tamén recoñece Sergi Quintela que aventura un choque... "ao límite, no que xogamos os dous equipos con moita enerxía e, sobre todo, un partido no que podamos levar o ritmo o noso campo".

O xogador lucense apunta un factor que considera determinante para levarse a vitoria. "O que consiga estar máis tranquilo, o que teña claro o que ten que facer, controlar o balón, non ter perdas, non deixarse levar pola situación".

Sergi, que foi elixido xogador máis valioso do derbi da primeira volta, explica as sensacións que lle deixou ese encontro. "Sobre todo mal sabor de boca con todo o sangue que tiña na boca que tiña sabor a pila".

O apoio recibido polo equipo na súa saída, serviu para sacar o lado máis cancheiro do escolta breoganista. "A nivel ambiente creo que os nosos afeccionados están aínda un chisco por arriba por moitas promocións que fagan teñen moito que remar".

No seu primeiro día de viaxe, a nova fichaxe Justin Robinson puido comprobar que o Breogán nunca camiña só.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos