Cargando resultados...
O Breogán leva a vitoria nun derbi agónico
G24.gal
26/03/2022 20:49
O Breogán obtivo a vitoria nun derbi que se decidiu no último segundo e se disputou nun excepcional ambiente no Pazo dos Deportes.
O partido tivo moitas alternativas. O Breogán adquiriu dez puntos de vantaxe no segundo cuarto e o Obradoiro respostou cun 0-13 de parcial.
No terceiro cuarto era o equipo santiagués o que mandaba, con 9 de vantaxe. Daquela a defensa lucense afogou ao rival. O parcial foi de 15-2.
Todo levou a un final axustado. Musa logrou a canastra definitiva, que colocaba o 80-78 a catro segundos do final. Hobbs tivo a última para darlle a volta ao partido pero a súa tripla non entrou.
O Breogán logra a cobizada vitoria número 12 e o Obradoiro queda con 8.