Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán non pode co UCAM Murcia no Pazo (74-83) e segue nos postos de descenso

O Breogán non pode co UCAM Murcia no Pazo (74-83) e segue nos postos de descenso

Os de Sito Alonso estiveron máis atinados desde a liña de triplas

A vantaxe murciana do primeiro cuarto (16-31) abondoulle ata o final

Foto: EFE
G24.gal 17/12/2023 18:51

O Breogán mantívose en todo momento no partido contra o UCAM, pero non foi quen de darlle a volta ao resultado nos momentos decisivos. Así que queda coas catro vitorias na penúltima praza da Liga ACB.

Logo do intercambio inicial de canastras, o UCAM Murcia acadou un parcial de 0-10 que lle permitiu coller a iniciativa do resto do primeiro parcial. Cunha gran porcentaxe de acerto, os murcianos marcharon ata os 31 puntos neste primeiro período, en que o Breogán quedou nos 16.

Os seguintes dous parciais foron para os breoganistas que, liderados por Anderson, Sajus e Sergi Quintela na anotación, foron diminuíndo a desvantaxe. Levaron o segundo cuarto cun resultado de 18-15. E puxéronse 50-56 a catro minutos do remate dese terceiro parcial. Os visitantes seguiron abusando dos lanzamentos de 3, tendo ao seu mellor home en Ennis, con 3/3 en triplas, pero sen un gran porcentaxe que lles permitise distanciarse definitivamente.

O terceiro cuarto rematou cun resultado de 52 a 60 a prol do Murcia, e con todo aberto para o último. Un 0-5 de saída dos murcianos deixaba contra as cordas aos de Mrsic, que pedía tempo morto. Pero non tivo o efecto desexado, porque o UCAM Murcia seguía baseando a anotación nos lanzamentos desde o perímetro. A vantaxe mantívose arredor dos dez puntos ata entrar nos minutos decisivos. E unha canastra de Radovic establecía o 61 a 74 que paraba outra vez o partido. Unha tripla de Momirov chegou a rachar a fronteira dos dez puntos que parecía insalvable, pro cada canastra luguesa era respostada axiña polos murcianos. O 74-83 final mantén aos de Mrsic, unha semana máis, na zona de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos