O Breogán xogará a vindeira temporada competición europea
O Breogán xogará a vindeira temporada competición europea
A Basketball Champions League confirmou o club de Lugo como un dos 29 que disputará a fase de grupos
O Obradoiro terá a posibilidade de acceder á mesma competición se dá superado unha fase previa
A xunta directiva da Basketball Champions League confirmou que o Rio Breogán partipará nesta competición europea.
Os lucenses forman parte dos 29 equipos que entran directamente na fase de grupos, na que tamén estarán Unicaja, Tenerife e Murcia como representantes da Liga ACB.
Pola súa banda, o Obradoiro é un dos 24 conxuntos que xogarán unha fase previa da que sairán tres equipos que se unirán a esa fase de grupos.
O @CBBreogan xogará a fase de grupos da @BasketballCL
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 28, 2023
🏀 Deixamos a ligazón dunha fermosa reportaxe de Luís Timiraos sobre a única experiencia europea do club
𝟙𝟡𝟠𝟝-𝟠𝟞
🎙 Manel Sánchez, Tito Díaz, Suso Fernández e Antonio Sacedo
Non a perdades 📲 https://t.co/RlNrDufhtm pic.twitter.com/T76HK2KcRP