Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela F. S. gaña a súa quinta Supercopa de España

O Burela F. S. gaña a súa quinta Supercopa de España

As da Mariña derrotaron na final de Vista Alegre o Torreblanca de Melilla (4-1)

É a quinta Supercopa das galegas, cuarta consecutiva

G24.gal 29/01/2023 14:10

Gañar, gañer e volver a gañar. E sobre todo, competir. O Burela deu unha lección sublime de fútbol sala, xa na semifinal fronte ao invicto Futsi, e na final fronte a un Melilla cheo de internacionais brasileiras e que caeu coma un castelo de naipes diante da fortaleza burelá.

A primeira parte bastou para decidir o partido. Antía Pérez marcou aos tres minutos, Dany ampliou a conta aos 12 nunha acción de pivote puro e a conexión Emilly - Peque foi decisiva para lograr o terceiro. O equipo de Julio Delgado era inaccesible para un Melilla no que non brillaba Amandinha, a mellor xogador do mundo.

Tras o interemedio mudou a decoracion, pois Morenín decidiu xogar co 5 para 4 durente 19 minutos. Fixo pouco dano. Thais Amaral marcou no minuto 30 dádolle unha esperanza efémera ao Melilla. Emily Marcondes tardou só un minuto en sorprender a defensa e a porteira rivais para lograr o último gol da mañá.

Emily foi elixida a mellor xogadora do torneo. Pero o triunfo foi o dun colectivo que suma xa 14 títulos, que gañou 11 dos últimos 12 en litixio e que prolonga unha época dourada que dura xa unha década.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade