Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela gaña en Navalcarnero (1-2) e queda a un paso do título de Liga

O Burela gaña en Navalcarnero (1-2) e queda a un paso do título de Liga

As da Mariña comezaron a final superando ao Futsi cos goles de Antía Pérez e Irene Samper

Se gañan en Vista Alegre a semana que ven serán campioas

G24.gal 17/06/2023 20:32

As xogadoras do Burela Pescados Rubén celebraron o triunfo no primeiro encontro da eliminatoria final polo título. Os afeccionados galegos desprazados a Navalcarnero gozaron co partido disputado por un Burela moi serio en defensa e que foi superior ao Futsi. Máis do que dí o un a dous final no marcador.

Nun primeiro tempo de poucas ocasións, as de Julio Delgado aproveitaron un roubo de Peque para facer o primeiro gol no minuto 14. Logo dun primeiro remate de Patricia, Antía Pérez estivo atenta o rexeitamento para marcar. Nunha das últimas accións antes do descanso, producíase a única mala nova para as galegas. Peque golpeábase contra a mesa de cronometraxe. Tras o paso polos vestiarios intentou volver á pista, pero tivo que abandonar definitivamente o partido. Desde o banco asistíu ao bó segundo tempo disputado polas súas compañeiras, que tiveron ocasións dabondo para vencer con máis comodidade.

O Futsi apenas creaba perigo, pero nun saque de lateral de Leti, Becha, moi atenta, empataba no minuto sete. Foi un espellismo para as locais, porque só un minuto despóis, Irene Samper volvía adíantar ao Burela. O un dous foi definitivo, malia a insistencia das galegas para sentenciar. As oportunidades eran todas para as visitantes, que estiveron ademáis impecables en defensa, sen conceder case nada a un Futsi que arriscou con cinco de pista sen resultado. O vindeiro sábado, en Vista Alegre, o Burela pode lograr o seu quinto título de liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade