Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela Pescados Rubén gaña a súa sexta liga

O Burela Pescados Rubén gaña a súa sexta liga

Impúxose por 4-0 no terceiro e definitivo partido da final ao Futsi Navalcarnero

G24.gal 26/06/2024 22:47

O Burela Pescados Rubén proclamouse como campión da liga feminina de fútbol sala e igualou ao Elxe e o Futsi como os equipos máis laureados na historia da competición. No terceiro e definitivo partido da final gañáronlle por 4-0 ao equipo madrileño amosando a súa calidade e experiencia neste tipo de finais. 

Aos dous minutos a capitá Dany Domingos marcaba o primeiro gol e no nove era Irene Samper a que remataba á rede unha xogada de fé da propia Dany. Na primeira metade tocoulle defender moito ao Burela que tivo na porteira Caridad García unha das súas mellores xogadoras. 

Na segunda parte acabaron desesperando as xogadoras do Futsi que non atopaban o xeito de facerlles dano. Tanto foi así que os últimos dez minutos o equipo visitante probouno con porteira - xogadora pero tampouco conseguiu marcar ningún gol. Nunha acción de dobre penalti Antía Pérez puxo o 3-0 e no último intre Cami Gadeia marcaba o definitivo 4-0. 

O Burela culmina unha gran temporada na que se impuxo na liga regular e conseguiu superar a dous grandes equipos como Poio e Futsi nas eliminatorias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos