Cargando resultados...
O Camiño Primitivo é o sexto con máis peregrinos, con case 13.000 este ano
O Camiño Primitivo é o sexto con máis peregrinos, con case 13.000 este ano
Segundo os camiñantes, é duro de facer, pero moi bonito
É a ruta máis antiga e distinguida como Patrimonio da Humanidade desde o ano 2015
G24.gal
20/08/2023 14:20
Última actualización 20/08/2023 15:07
Neste albergue de Lugo son frecuentes as ringleiras de peregrinos que agardan no exterior para facerse con algunha praza. Abre á unha e momentos antes xa se amorean fóra.
Chegan ata aquí cansos porque veñen desde O Cádavo, nunha das etapas máis longas do Camiño. Por Lugo pasa o Camiño Primitivo que así se chama porque é o máis antigo, foi o que fixo o rei Alfonso II no século IX cando se descubriron os restos do Apóstolo Santiago
Está declarado Patrimonio da Humanidade desde o ano 2015. É o sexto camiño con máis peregrinos. No que vai de ano xa o fixeron preto de 13.000 persoas.