O Cangas perde na pista do Puente Genil (24-22)
O Cangas perde na pista do Puente Genil (24-22)
Un mal remate da primeira parte e outro mal inicio na segunda resultaron decisivos
O equipo galego segue sen puntuar logo das dúas primeiras xornadas
O Frigoríficos do Morrazo apañou a segunda derrota noutras tantas xornadas da Liga Asobal. Perdeu na pista do Puente Genil, malia a que foi por diante durante toda a primeira metade.
Pero un parcial de 6-0 entre o final do primeiro e o inicio do segundo tempo resultou decisivo, malia a que o Cangas chegou a empatar a 20 cun tanto de Rafael da Cruz. O equipo galego non estivo atinado nos minutos finais, e acabou perdendo o partido por 24 a 22.
O apartado goleador estivo encabezado por Jenilson Varela, que anotou 6 tantos, e Mario Dorado, que fixo 5. Polo bando local, Tamas Janosi e Theodoros Boskos achegron 5 goles cada un.