Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas rescata un punto na pista do Nava (29-29)

O Cangas rescata un punto na pista do Nava (29-29)

Un gol de Juan del Arco na última acción significou a igualada

É o segundo empate consecutivo despois do da 3ª xornada co Benidorm

Foto: @berafotografia
G24.gal 30/09/2023 23:20

O Balonmán Cangas trouxo un empate da pista do Nava, o segundo consecutivo, que lle permite respirar con dous puntos na clasificación da Liga Asobal.

Foi un encontro que os galegos comezaron dominando. Súas foron as vantaxes durante toda a primeira metade e o inicio da segunda. No minuto dez da continuación, o Nava empatou e, a partir de aí, levou a iniciativa no marcador.

O Cangas agardaba as súas opcións de remontar, coa anotación ben repartida. Fodorean marcou cinco goles, mentres que Brais González, Mario Dorado, Juan del Arco e Jenilson Varela achegaban cadanseus catro tantos. 

O último parcial levou o partido a un 29-27 que deixaba as cousas moi difíciles. Pero un gol de Santi López e unha parada de Jorge Pérez fixeron posible unha última acción para buscar a igualada. E aí apareceu Juan del Arco, para meter sobre a bucina o 29-29 definitivo. Falta por chegar a primeira vitoria, pero o Cangas suma xa 2 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade