Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B tentará recuperar a boa senda diante do cabeiro Talavera

O Celta B tentará recuperar a boa senda diante do cabeiro Talavera

A presenza na fase de ascenso complicouse para o equipo de Giráldez despois dos últimos resultados

O partido verase este sábado na G2 e G24 a partir das 17:00 horas

G24.gal 21/04/2023 20:25

Os equipos galegos descontan xornadas para cadrar as súa contas. Tres apuran as súas opcións coa mirada posta no ascenso. O máis esixido é o Deportivo que esta xornada recibe o Ceuta en Riazor. A marxe de erro para quen aspira ao ascenso directo é cada vez máis estreita.

As mesmas contas bota o Rácing. Visita o Sanse, rival da zona medio baixa, coa intención de sumar de tres e facer bo o empate da semana pasada ante o Deportivo. Na carreira polo ascenso aos ferroláns quédalles un partido por xogar. Cristóbal pídelles máxima concentración aos seus futbolistas.

A clasificación apértase por arriba. E pode apertarse máis dependendo dos resultados que obteñan Alcorcón e Real Madrid esta xornada. O Celta B buscará ante o Talavera en Balaídos non descolgarse da quinta praza tras o tropezo da semana pasada.

Ben diferentes son as contas do Pontevedra. Está a cinco puntos da salvación. Esta fin de semana visita o San Fernando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade