Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Baloncesto sae do descenso á custa do Ensino (57-82)

O Celta Baloncesto sae do descenso á custa do Ensino (57-82)

As viguesas sumaron o terceiro triunfo da temporada no Pazo grazas a un gran parcial no terceiro cuarto (8-25)

G24.gal 07/12/2024 17:51

O equipo que gañara o derbi galego da undécima xornada da Liga Feminina ía saír do posto de descenso. Foli o Celta Femxa Zorka o que levou o triunfo, e dun xeito claro grazas a un gran terceiro cuarto no que rachou o encontro. 

O duelo comezou moi igualado (17-19), unha tendencia que se mantivo ata o descanso (36-38). Foi no terceiro período cando o equipo de Cristina Cantero comezou a abrir unha vantaxe no marcador que resultaría decisiva. Abriron o cuarto con tres triplas seguidas (36-47) e a diferenza non deixou de medrar ata irse cun 44-63 ao remate do período que deixou en intranscendente o último cuarto (57-82).

Gran partido da francesa Clementine Samson (20 puntos) ben secundada por Tadic, Cooper, Maxwell e Haidara que estiveron por riba dos dez puntos. No Durán Maquinaria Ensino só Claudia Soriano estivo a un bo nivel con 13 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar