Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta chega ao intre decisivo do campionato no mellor momento da temporada

O Celta chega ao intre decisivo do campionato no mellor momento da temporada

Encadea catro xornadas sen perder por primeira vez en todo o campionato

Leganés, Valladolid e As Palmas, equipos da zona baixa, serán os vindeiros rivais do cadro celeste

G24.gal 03/03/2025 20:57

O empate en Montilivi sitúa o Celta ante unha situación inédita nesta temporada. Por primeira vez encadea 4 xornadas consecutivas sumando. O encontro supuxo ademais a sétima vez esta temporada que o Celta era quen de sacar algo positivo logo de empezar o encontro perdendo.

O calendario de marzo preséntase a priori propicio para ilusionarse. Enfróntase con tres equipos da zona baixa. As Palmas, décimo sétimo clasificado, Valladolid, pechacancelas, e este sábado o décimo sexto, o Leganés. Cunha vitoria o sábado en Balaídos ás 2 da tarde contra o Leganés quizais se puidera pensar noutros obxectivos. Aínda que Claudio non puido ser máis claro porque cando lle preguntaron por si comezaba a pensar en Europa, respostou cun contundente "non".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade