Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta festexa o aniversario no máis alto da clasificación

O Celta festexa o aniversario no máis alto da clasificación

Dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas amosan o gran momento polo que pasa neste comezo da temporada o equipo de Giráldez

O luns (en directo na Televisión de Galicia) visitarán o Madrigal tentando prolongar este estado de euforia

G24.gal 24/08/2024 15:30

O Celta vive nun estado de euforia neste inicio de temporada. Contra o Valencia festexou o seu 101 aniversario coa segunda vitoria noutras tantas xornadas e outra vez con remontada, sinal de identidade do conxunto de Claudio Giráldez. Culminouna Fran Beltrán cun auténtico golazo para desatar a tolemia en Balaídos e deixar ao seu equipo no liderado. O centrocampista quere gañar protagonismo de cara á porta logo de dous anos sen marcar.

Logo dun século de afouteza, resultou que os festexos futbolísticos do centenario chegaron no ano 101, da man dun home da casa e cun equipo ateigado de canteiráns. Con Guaita xa recuperado, Iván Villar seguiu contando coa confianza de Claudio. E no entretido mundo Giraldez, en contraposición a infumable proposta de Rafa Benítez, saír tocando é básico e chegar a portería rival combinando é o obxectivo final. Que bote Balaídos, berraba a afección antes de que o equipo visite o luns ao Vilarreal instalado no máis alto da clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos