O Frigoríficos inicia o seu desafío en Valladolid
O Frigoríficos inicia o seu desafío en Valladolid
O Frigoríficos mira máis alto que as súas últimas dúas tempadas, nas que tivo que disputar a promoción de descenso
O Frigoríficos do Morrazo nunca gañou a domicilio ao Recolectas Atlético Valladolid, ao que se enfronta este venres no inicio do sexto proxecto liderado por Nacho Moyano, que non poderá contar co pivote exipcio Omar Sherif, a súa fichaxe estrela para a tempada 2024-25.
O exxogador do Blendio Sinfín chegou onte a Cangas, pero aínda tardará un par de semanas en unirse ao grupo por unha lesión no pé sufrida este verán no seu país. O capitán Juan Quintas e o seu compatriota Mohammed Essam serán as armas do Frigoríficos nos seis metros durante a súa ausencia.
Arón Díaz: "Hai equipo de sobra para manter tranquilamente a categoría"
Rubén Río: "Ser moitos galegos (11) axuda para facer vestiario"
O Frigoríficos mira máis alto que as súas últimas dúas tempadas, nas que tivo que disputar a promoción de descenso para manterse na máxima categoría. A pesar da ausencia de Sherif e o recente paso polo quirófano do danés Mads Thymann, no Gatañal respiran optimismo
Brais González: "Imos quedar décimos ou oitavos, espero que teñamos tranquilidade"
A ambición no vestiario é máxima, a pesar da perda dun xogador tan determinante como o extremo internacional portugués Jenilson Montero. Nin tan sequera os malos resultados da pretemporada rebaixaron ese desexo de pelexar por algo máis que a permanencia. Gañar en Valladolid reforzaría o Frigoríficos.
Moyano non esconde que é un bo momento para medirse co equipo valisoletano pola profunda renovación do seu persoal. A tempada pasada, os galegos tiveron o triunfo no seu peto, pero deixárono escaparon nun final de partido para esquecer, no que encaixaron un parcial 3-0 no último minuto e medio.