O Celta Fortuna sae gañando nun derbi de tolos en Balaídos (4-3)
O Celta Fortuna sae gañando nun derbi de tolos en Balaídos (4-3)
O equipo de Claudio Giráldez púxose cun 4-1 nun grande inicio de segunda parte
Chacón e Pibe recortaron distancias (4-3) e o Arenteiro puido empatar
O Celta Fortuna conseguiu a vitoria nun derbi de tolos ante o Arenteiro (4-3). O equipo celeste chegou a ir gañando por 4-1 e acabou sufrindo para sumar os tres puntos. O primeiro tempo foi claro do Celta, que xerou oportunidades e rendibilizou un golazo marcado por Miguel Román.
A loucura chegou nos primeiros vinte minutos do segundo tempo, en que se marcaron seis goles. Hugo Álvarez marcou o segundo do Celta e Miku recortou diferenzas. Sen tempo para respirar, Raúl Blanco e Pablo Durán engadían dous novos goles e deixaban o partido moi encamiñado.
Pero o Arenteiro volveu meterse de cheo no encontro cos goles de Luís Chacón e de Pibe. Ata o final puido acontecer calquera cousa porque os dous equipos gozaron de oportunidades para mover o resultado.
Segunda vitoria da temporada para o Celta Fortuna, segunda derrota consecutiva do Arenteiro.