Cargando resultados...
O Celta pensa no Leganés coa enfermaría en mínimos
O Celta pensa no Leganés coa enfermaría en mínimos
Aspas e Moriba regresan co que a única ausencia para Claudio Giráldez é a de Luca de la Torre
G24.gal
23/10/2024 19:23
O Celta volveu ao traballo coa vista posta no Leganés, a quen visitan os de Giráldez o vindeiro domingo. Claudio poderá contar con case todos os seus xogadores para ese partido. Iago Aspas e Ilaix Moriba cumpriron sanción ante o Real Madrid e volven estar dispoñibles.
O único futbolista que permanece no parte médico é Luca de la Torre. Malia a derrota ante o Real Madrid, o conxunto de Claudio visita terras madrileñas con moi boas sensacións. O Leganés encadea oito xornadas sen gañar e precisa con urxencia sumar para non caer a postos de descenso.