Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta recibe o Real Madrid á busca da vitoria dez anos despois

O Celta recibe o Real Madrid á busca da vitoria dez anos despois

Claudio Giráldez agarda un partido difícil, pero confía no seu equipo

Non estarán Iago Aspas nin Ilaix Moriba

G24.gal 19/10/2024 14:27

Claudio Giráldez reencontrase cun pasado que o tivo sete anos no Real Madrid e que o levou a enfrontarse o filial céltico nun partido co Castela en setembro de 2007. Dezasete anos despois, o técnico vai ver o partido desde o outro lado.

Como bo coñecedor da casa branca, Giráldez sabe do que son capaces os seus rivais e do diferente xeito que teñen de competir.

Para este encontro, os vigueses non van poder contar coa súa principal estrela Iago Aspas.

Nin tampouco con Ilaix Moriba, logo de que o Comité de Apelación rexeitara hai unhas horas o recurso presentado polo Celta, algo que non lle parece serio o adestrador porriñés.

Balaídos prepárase para unha festa con final feliz como hai dez anos, a última vez que derrotaron o Real Madrid neste mesmo estadio.

E como chega o equipo branco ao partido? Case ao completo. Sen Carvajal pero con Courtois, Mbappé, Vinicius e Militao recuperados. E con moito respecto polo Celta. Ancelotti foi todo gabanzas para os celestes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade