Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta segue sen entrar en negociacións para renovar a Sergio Carreira

O Celta segue sen entrar en negociacións para renovar a Sergio Carreira

Carreira: "Creo que se tratará a final de ano, canto mellor estea hai máis posibilidades"

G24.gal 12/02/2025 15:06 Última actualización 12/02/2025 15:14

Sergio Carreira segue sen entrar en negociacións para renovar co Celta, como é o seu desexo. O lateral vigués participou de maneira activa no gol do triunfo co Betis.

Carreira leva participado en dez partidos, catro completos e tras estar cedido no Mirandés, Vilarreal e Elxe trata de convencer a entidade para continuar como celeste.

"Creo que se tratará a final de ano, canto mellor estea hai máis posibilidades".

A Sergio Carreira tócalle na próxima xornada a visita ao Metropolitano.

"Pode virnos ben, non hai nada que perder, debemos xogar con personalidade".

O Celta suma 28 puntos, só cinco como visitante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade