Publicador de contidos

Publicador de contidos

Álex López: "Xa haberá tempo dos reproches, agora é momento de ir todos xuntos"

Álex López: "Xa haberá tempo dos reproches, agora é momento de ir todos xuntos"

O ex capitán do Rácing pasou polos micrófonos de Ao Contraataque días despois de deixar a práctica activa do fútbol e incorporarse á dirección deportiva do club ferrolán

G24.gal 12/02/2025 21:25

O ex capitán do Rácing de Ferrol, Álex López, pasou por Ao Contraataque días despois de deixar a práctica activa do fútbol e incorporarse á dirección deportiva do club ferrolán. Álex retirouse para deixar unha ficha libre e que o club puidese incorporar un xogador máis á procura de ter un mellor plantel e acadar así a salvación. "Xa haberá tempo dos reproches" comentou López. "Os que queremos o Rácing sabemos o difícil que foi chegar ata aquí. Agora é momento de seguir todos xuntos". 

Álex López estará a carón de Carlos Mouriz na dirección deportiva da entidade pero recoñeceu que tivera un ofrecemento por parte de Alejandro Menéndez de ser parte do corpo técnico, algo que desbotou. 

Tamén fixo un extenso repaso pola súa carreira deportiva, desde os inicios no San Rosendo, a súa etapa nas categorías inferiores da selección, o Narón, o Celta, o Spórting ou a aventura en Australia. Do comezo lembra os ofrecementos que tivo cando era aínda xuvenil pero rexeitou propostas "10 ou 15 veces superiores ás que aceptei no Rácing" pero o seu corazón verde estivo sempre por riba de todas as cousas. 

Tivo unha agarimosa lembranza do seu paso polo Celta, o club que o levou ata a Primeira División. De Paco Herrera, o seu descubridor, de Berizzo ou de Luis Enrique ao que cualificou como "o mellor adestrador que tiven na miña carreira". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade