Un veciño denuncia que outro o grava cando pasa polo camiño
Varias desavinzas enfrontan dous residentes no concello lucense de Castroverde
O último conflito é pola presenza dun aparello que un di que é unha cámara e o outro di que é un proxector
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250212/DENUNCIAVECINHOQUEPONCAMARAVIAPUBLICA_frame_1653.png)
A presenza dun aparello nun camiño público é a causa do último enfrontamento entre dous veciños do concello lucense de Castroverde.
Hai unha denuncia presentada recentemente diante da Garda Civil.
O denunciante mantén que é unha cámara que o grava cada vez que pasa por diante.
O propietario do aparato argumenta que se trata dun proxector.
As desavinzas veñen de atrás. Recoñéceno as dúas partes, que co móbil se gravaron mutuamente.
Facelo nun camiño público non está permitido.
Tensión veciñal por un aparello na vía pública que deriva dunha convivencia difícil e que pode acabar nos xulgados.