Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aldara Diéguez, xornalista da TVG, nomeada aos Ondas por un podcast sobre o pai de Meloni

Aldara Diéguez, xornalista da TVG, nomeada aos Ondas por un podcast sobre o pai de Meloni

En dez capítulos aborda a estadía de Franco Meloni na illa canaria nos anos oitenta

O pai de Giorgia Meloni acabou condenado por narcotráfico

O podcast empezou como un traballo de fin de grao e agora leva case 200.000 reproducións

G24.gal 12/02/2025 20:27 Última actualización 12/02/2025 20:43

Aldara Diéguez, xornalista que traballa na CRTVG, está nomeada aos Premios Ondas polo seu podcast titulado 'Meloni, un marqués na Gomera'.

En dez capítulos aborda o pasado oculto do pai da primeira ministra italiana.

Nos anos 80, Franco Meloni chegou á illa canaria fuxindo de Italia.

Na Gomera rexentou a única discoteca que había e acabou condenado por narcotráfico. 

Para elaborar o podcast, Diéguez trasladouse á illa e alí falou con veciños e persoas que coñeceron de preto a Meloni e tamén os seus negocios.

A xornalista descubriu como había xente que non sabía que Franco Meloni tiña un filla. 

O podcast era, en orixe, o traballo de fin de grao, pero, agora, case un ano despois da súa publicación, acumula xa preto de 200.000 reproducións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade