Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta visita o Pizjuán á busca dos puntos como visitante (18:30h, TVG)

O Celta visita o Pizjuán á busca dos puntos como visitante (18:30h, TVG)

Claudio Giráldez volve ao escenario do seu debut en Primeira

G24.gal 14/12/2024 12:09

O Celta volve xogar fóra e Claudio saca o manual pra lembrar que hai que aparcar a inocencia, esa que permite os rivais cruza-lo campo sen que ninguén lles faga falta; erros que custan partidos e lastran na clasificación. Catro puntos fóra de 21 posibles, talón de aquiles deste Celta. Por iso a insitencia de Claudio. 

A Sevilla viaxou coas baixas de Damián, Manquillo, Jailson e Carreira e consciente do potencial do rival. O Sevilla vén de perder 4-3 ante o Atleti e nel está a destacar o bo momento de Lukebakio.

E será tamén un partido emotivo, emotivo pra Navas. O día no que se vai despedir do Pizjuán, a súa casa. E especial para Claudio, porque a campaña pasada aquí arrancou a súa andaina...

O Celta está décimo, o Sevilla decimoterceiro con dous puntos menos. O partido arranca ás seis e media na TVG de Galicia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos