Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Zorka aguanta trinta minutos diante do Valencia Básket

O Celta Zorka aguanta trinta minutos diante do Valencia Básket

Volvía despois de once temporadas á elite do baloncesto 

Perdeu na pista do gran favorito para o título por 76-47

G24.gal 22/09/2023 21:24

O Celta Zorka perdeu na pista do Valencia Básket dun xeito contundente (76-47), pero a gran nova estivo no regreso do histórico equipo galego á máxima categoría do baloncesto feminino. 

Realizou unha primeira metade moi digna en que tratou de ti ao cadro valenciano. No primeiro cuarto mesmo chegaron a ir por diante (8-10) e rematou cunha diferenza mínima (17-15). No segundo cuarto as locais pegaron un tirón (29-19) pero un bo final permitiulle ao Celta chegar ao descanso metidas no partido (32-26). 

A tónica mantívose no terceiro cuarto. Valencia dominaba, pero non conseguía marchar por riba dos dez puntos. Só a canastra de Fingall no último segundo do período puxo un +12 a prol do cadro local. O último cuarto comezou cun parcial de 10-0 e aí rematou a resistencia do Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos