Publicador de contidos
Publicador de contidos

O calendario da Liga Feminina Endesa xa está aquí

O calendario da Liga Feminina Endesa xa está aquí

Baxi Ferrol, Ensino e Celta afrontan un curso máis na elite do baloncesto feminino español

A competición iníciase o 5 de outubro e rematará a mediados de maio coa final

Fonte: Celta Baloncesto Fonte: Celta Baloncesto
G24.gal 22/07/2024 12:53

Os equipos galegos da L. F. Endesa xa coñecen os seus rivais e a orde en que se enfrontarán a eles. 

A temporada de Baxi Ferrol comeza no pavillón da Malata, onde se baterá co Araski AES vitoriano. Pola súa parte, o Ensino viaxa na primeira xornada a Gernika, con cuxo equipo quedou igualado en récord de vitorias o ano pasado. Máis difícil é o inicio do Celta, que debuta ante o Estudiantes.

E na mesma cancha onde comezan as viguesas, o Ensino rematará a súa tempada. Baxi Ferrol pechará a campaña en Zizur ante o Ardoi e o Celta fará o propio en Navia, na casa, contra o Gran Canaria.

Os afeccionados galegos ao baloncesto poderán gozar de tres derbis: na xornada 5, Baxi Ferrol enfrontarase ao Ensino; as luguesas recibirán ao Celta na undécima data, e o pavillón de Navia acollerá o partido entre o Celta e o Baxi Ferrol polo Nadal, a piques de pechar a primeira volta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade