Publicador de contidos
Publicador de contidos

Macron e Le Pen, os favoritos na primeira volta das presidenciais francesas

Macron e Le Pen, os favoritos na primeira volta das presidenciais francesas

As enquisas din que Enmanuel Macron será reelixido presidente de Francia

Macron chega á primeira volta case empatado con Marine Le Pen
G24.gal 09/04/2022 20:36

Se as enquisas acertan, Emmanuel Macron será o gañador da primeira volta das presidenciais francesas, nas que o electorado galo elixirá os dous candidatos que disputarán a segunda e definitiva volta o próximo día 24 de abril. 

Pero esas mesmas sondaxes tamén din que a ultradereitista Marine Le Pen se situará en segunda posición, a dous ou tres puntos de diferenza respecto a Macron, é dicir, empatados tecnicamente.

O centrista Enmanuel Macron abandonou en gran medida a campaña electoral e confiou no seu tirón como actual presidente, cun papel destacado nas negociacións con Rusia sobre a guerra en Ucraína, ata que a ultradereitista Le Pen chegou a superalo en estimación de voto nalgunhas enquisas. 

Resto de candidatos

Lonxe destes dous candidatos quedan o esquerdista Melenchon, o ultradereitista Zemmour ou a socialista hispanofrancesa Anne Hidalgo, que podería quedar por debaixo do cinco por cento dos votos esixidos para que o Estado pague os gastos electorais.

Nivel de abstención

Nesta xornada de reflexión, a gran dúbida dos expertos electorais é o nivel de abstención deste domingo, que podería achegarse ao 30 %.

A día de hoxe, dous terzos dos franceses están pouco ou nada interesados nas presidenciais; e un terzo dos que din que van votar non saben por quen facelo.

O gañador nas enquisas

En calquera caso, e con vistas á segunda volta do próximo día 24, as enquisas tamén apuntan á reelección de Macron como presidente de Francia, sexa cal sexa o rival que saia deste domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade