O CEO de Telegram, Pavel Durov, detido en Francia
O CEO de Telegram, Pavel Durov, detido en Francia
A Policía arrestouno na escaleiriña do seu avión privado, cando regresaba de Acerbaixán
O CEO da rede de mensaxería tiña unha orde de arresto no marco dunha investigación por delitos graves
O fundador de Telegram, Pavel Durov, foi detido esta noite no aeroporto de Bourget, ás aforas de París. Os feitos ocorreron cando o executivo regresaba de Acerbaixán na compaña da súa muller e do seu escolta. Segundo varios medios franceses, a Policía interceptouno cando estaba baixando do seu jet privado e despois rexistrou a aeronave.
O CEO da popular rede de mensaxería tiña pendente unha orde de arresto vinculada a unha investigación por delitos graves, que emitiran as autoridades francesas. De momento, non transcenderon os delitos dos que está acusado, aínda que diferentes medios coinciden en que están relacionados coa súa rede social. De 39 anos, o multimillonario ten dobre nacionalidade franco-rusa. Abandonou Moscova pola presión do Kremlin para que lle facilitara datos sobre millóns de usuarios.