O CHUAC comeza a reprogramar operacións e derivar doentes ao materno
O CHUAC comeza a reprogramar operacións e derivar doentes ao materno
O obxectivo de adaptar a actividade hospitalaria ás prazas de críticos dispoñibles
O hospital ten 5 unidades ocupadas por doentes covid fronte as 13 de hai un ano
O impacto da sexta vaga da covid comeza a afectar a actividade do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, malia que as unidades ocupadas, 5 a día de hoxe, distan moito das 13 de hai un ano.
Daquela había 395 enfermos ingresados en planta. Hoxe apenas superan os 125. A ocupación de camas UCI tamén dista moito da de hai un ano cando había 86 ingresados fronte aos 11 desta xornada.
Co obxectivo de adaptar a actividade hospitalaria ás prazas de críticos dispoñibles, optaron por comezar a reprogramar operacións.
Baseándose na experiencia das anteriores vagas comezaron tamén a derivar doentes a outros recintos da área hospitalaria. Medidas que os usuarios do sistema de saúde valoran positivamente.
As previsións hospitalarias apuntan a que esta situación pode manterse polo menos dúas semanas máis.