O CHUAC fai 50 anos coa vista posta nas novas obras de reforma
O CHUAC fai 50 anos coa vista posta nas novas obras de reforma
Está previsto un investimento de 340 millóns de euros para ampliar o espazo e a accesibilidade
Foi o 21 de agosto de 1972 cando se inaugurou na Coruña a que denominaron "gran cidade sanitaria"
O aniversario é o domingo. Foi o 21 de agosto de 1972 cando se inaugurou na Coruña o que denominaron gran cidade sanitaria. Unha edificación que viu nacer o propio Sergas e que cambiou de nome en diversas ocasións.
Hoxe o edificio presenta problemas de espazo e de accesibilidade e hai obras previstas para tentar mellorar estas eivas. En total hai un investimento previsto de 340 millóns de euros nos próximos anos.
O novo edificio proxectado duplicará a superficie actual. Nun espazo que se dotará de zonas verdes e sendas peonís e ciclistas. Construiranse aparcadoiros máis grandes e mellorarase o acceso ao transporte público.
"Á parte concentra aquí toda a asistencia: o hospital materno infantil virá para aquí. A sociedade xa non quere só e a asistencia sexa voa senón facela nun ámbito humanizado", explica Antón Fernández, o director asistencial do CHUAC.
Pacientes máis envellecidos que hai medio século que demandan máis atención á enfermidade crónica. En total instalaranse 1.500 camas, 40 quirófanos, 230 postos de hospital de día e 45 postos de diálise. O CHUAC segue sendo referente en transplantes, con máis de 200 no último ano.
A ampliación das urxencias será prioritaria, despois das tensións sufridas en pandemia. Dinnos que se amosou o músculo do sistema público pero que tamén se puxeron de manifesto as necesidades.