Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CHUAC, escollido mellor hospital de España en patoloxías complexas

O CHUAC, escollido mellor hospital de España en patoloxías complexas

As unidades de Nefroloxía, Neuroloxía e a Unidade da Dor tamén foron escollidas como as mellores da súa especialidade

G24.gal 17/11/2021 13:56

O recoñecemento, que o CHUAC recibe por terceiro ano consecutivo, é un premio pola atención que este hospital público presta ás patoloxías complexas.

Dende a xerencia do hospital fano extensivo a todos os galegos que coa súa contribución, cos seus impostos, fan posible unha atención sanitaria de primeiro nivel.

"É un orgullo para todos os galegos porque en definitiva isto é o produto do investimento, do esforzo que fai o conxunto dos galegos e o conxunto do sistema de saúde", di Luís Verde, xerente deste centro sanitario.


Esforzo, coñecemento e experiencia sitúan o CHUAC no nivel cinco estrelas de excelencia no que se refire a atención de patoloxías de especial complexidade. 

"O transplante ten un peso moi importante. Hai unha serie de patoloxías complexas que o fan necesario, e este é un hospital moi transplantador e que leva moitísimos anos facéndoo, pero tamén lidera noutras patoloxías, como enfermidades máis minoritarias, as enfermidades raras", explica Verde.
 

O premio que promove a Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidade Rey Juan Carlos recoñece tamén os servizos de Nefroloxía, Neuroloxía e a Unidade da Dor do CHUAC como os mellores na súa especialidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos