Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela salva un empate en Llanera (1-1) para seguir na pelexa pola permanencia

O Compostela salva un empate en Llanera (1-1) para seguir na pelexa pola permanencia

A situación era dramática tras o gol de Tommy, que deixaba a permanencia a oito puntos

O golazo de Fer Cano no 86' mantén a distancia en 5 puntos

Foto: @nacho_castano_
G24.gal 29/03/2025 21:34

O Compostela, coa estrea de Secho no banco, sumou o seu primeiro punto. E non foi un punto menor, nun partido contra un rival directo como o Llanera que se puxo moi costa arriba co 1-0, e no que Fer Cano rescatou a igualada cun golazo.

O encontro no Pepe Quimarán, máis aló do que había en xogo, foi un partido atípico, como todos neste estadio de dimensións moi reducidas. O conxunto local domínao á perfección, e as súas ocasións chegaron practicamente todas en saques de banda e faltas laterais. Rabanillo e a súa defensa estaban atentos para desbaratalas.

En ataque, o Compostela non disparou ata unha falta que botou Samu e meteu en problemas a Berto, xa na segunda parte.

No minuto 73 chegaba o gol local, pero foi nunha acción polo medio, cun balón en profundidade que aproveitou Tommy, adiantándose á zaga santiaguesa, para envialo ao fondo da rede.

O Compostela acusou o golpe, que o deixaba a oito da salvación, e puido apalar o segundo, pero a acción foi anulada por fóra de xogo.

E apareceu Fer Cano para marcar un gran gol, que pode valer unha salvación. Ou, polo menos, manter na pelexa aos santiagueses, que agora quedan a 5 puntos da permanencia, con cinco xornadas por diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade