Publicador de contidos
Publicador de contidos

O concello de Teo celebra un pleno infantil

O concello de Teo celebra un pleno infantil

Co gallo do Día Mundial da Infancia, o Concello de Teo celebrou un pleno participado por nenos

G24.gal 20/11/2024 14:28

A Casa do Concello de Teo celebrou un pleno en que os nenos e nenas foron os protagonistas. Tomaron a palabra e deixaron claras as súas reivindicacións. Chegaron ao Auditorio de Teo coas súas demandas nas mans. Demandas explicitadas no grupo As Toupas de Teo, un foro de participación que se reúne mensualmente para elaborar propostas dirixidas a mellorar a infancia no concello. 

A temática central foi o dereito á participación. Por iso eles, nun pleno cheo de esperanza e reivindicación, pídenlles aos políticos ser incluídos nun programa hoxe e sempre comprometido coa infancia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade