Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CHUS convoca o concurso de debuxo infantil "Síntete radiólogo por un día"

O CHUS convoca o concurso de debuxo infantil "Síntete radiólogo por un día"

O obxectivo é achegar a radioloxía aos nenos de entre 7 e 11 anos

Cartel do concurso 'Síntete radiólogo por un día' Cartel do concurso 'Síntete radiólogo por un día'
G24.gal 10/10/2024 15:57

O Servizo de Radioloxía do Hospital Cínico Universitario de Santiago convoca o concurso de debuxo infantil "Síntete radiólogo por un día", co obxectivo de achegar a radioloxía aos nenos de entre 7 e 11 anos da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e O Barbanza.

Os debuxos presentados deberán tratar a temática central da radioloxía desde a visión dun neno: Como ves a radioloxía? Como imaxinas á persoa que hai tras as súas imaxes? Como ves o teu radiólogo? e o servizo de radioloxía?

Categorías:

Infantil: Nados nos anos 2017 e 2018.

Benxamín: Nados nos anos 2015 e 2016.

Alevín: Nados nos anos 2013 e 2014.

PREMIOS

O premio será unha visita conxunta e interactiva dunha hora de duración ao servizo de radioloxía do CHUS o día 7 de novembro. Ademais, os debuxos gañadores serán expostos durante a Semana da Radioloxía na entrada principal do hospital.

CONDICIÓNS:

Cada participante poderá presentar un único debuxo e en DIN-A4, e o prazo de presentación finalizará o día 24 de outubro. As obras deben escanearse e enviarse a sienteteradiologoporundia@hotmail.com. Nesta ligazón podes consultar as bases con toda a información sobre o concurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade