Cargando resultados...
O conflito armado ameaza o turismo, e non só o de Israel
O conflito armado ameaza o turismo, e non só o de Israel
As axencias de viaxes xa reciben consultas dos que viaxan a zonas próximas
G24.gal
10/10/2023 14:13
As axencias de viaxes din que neste momento están expectantes. Hai moita incerteza. Non falan tanto de cancelacións de viaxes a Israel, senón que notan como día a día cada vez reciben máis consultas de clientes que teñen pechadas viaxes a zonas próximas á do conflito, como é o caso de Exipto, un dos destinos máis demandados nos últimos anos.