Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Estado asume a busca dos desaparecidos na guerra e no franquismo

O Estado asume a busca dos desaparecidos na guerra e no franquismo

Apróbase no Congreso a Lei de Memoria Democrática co apoio do PSOE, Unidas Podemos, PNV, Bildu, PDeCAT, Más País e Compromís

As claves da Lei de Memoria democrática

G24.gal 14/07/2022 20:28 Última actualización 14/07/2022 23:44

O Pleno do Congreso aprobou este xoves o proxecto de Lei de Memoria Democrática.

A lei saiu adiante con 173 votos a favor, 159 en contra e 14 abstencións.

Os deputados do PSOE e de Unidas Podemos, o mesmo que os de EH Bildu, aplaudiron de pé a aprobación da lei dirixíndose aos membros de asociacións de memoria presentes na tribuna de convidados.

A norma contou ademais co apoio do  PNV, PDeCAT, Más País e Compromís.

Votaron en contra o PP, Vox, Ciudadanos, Junts e a CUP. 

Esquerra Republicana e o BNG optaron pola abstención porque aínda que aprecian avances, séguelles parecendo insuficiente.

A norma continuará agora a súa tramitación no Senado con vistas a ser aprobada definitivamente á volta do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade