Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Coruxo estrea a Liga de 2.ª Federación cun triunfo sobre o Valladolid Promesas (3-2)

O Coruxo estrea a Liga de 2.ª Federación cun triunfo sobre o Valladolid Promesas (3-2)

Os vigueses déronlle a volta ao 0-1 cos goles de David Añón, Teles e Borja

O 3-2, obra de Dani Fernández, chegou xa no tempo engadido

G24.gal 02/09/2023 22:01

O Coruxo estreou a Liga no Vao cunha vitoria ante do Valladolid Promesas. Os de David de Dios comezaron perdendo. Marcou para o cadro pucelano Chuki á media hora de xogo.

E logo dun penalti cometido sobre David Añón, el mesmo se encargou de transformalo no empate, minuto 42.

O segundo gol dos vigueses marcouno Vanderson Teles, logo de aproveitar un grave erro do porteiro visitante, Rafús. Minuto 53.

O tres a un marcouno Borja no minuto 82. Parecía que o encontro estaba xa sentenciado, pero no minuto 6 do engadido, Dani Fernández establecía o 3 a 2. Non houbo tempo para máis. O Coruxo estreouse con vitoria no Vao 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar