Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Numancia ensina no Vao as feituras de líder (1-2)

O Numancia ensina no Vao as feituras de líder (1-2)

O cadro soriano adiantouse no primeiro tempo e a rección do Coruxo non chegou para puntuar

G24.gal 07/09/2024 19:23

O Numancia sumou a segunda vitoria da temporada no campo do Vao diante do Coruxo ao que lle gañou por 1-2. O temperán gol de Alain Ribeiro no primeiro minuto de partido marcou o que aconteceu despois. Os sorianos xogaron cómodos ao contragolpe e gozaron de boas ocasións para aumentar a vantaxe. Froito diso chegou o tanto de De Frutos á saída dun córner. 

No segundo tempo os vigueses estiveron mellor, conseguiron marcar cunha cabezada de Andriu, pero non culminaron a remonta e perden o segundo partido da temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos