Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Coruxo non pode co Langreo nun partido trepidante (3-2)

O Coruxo non pode co Langreo nun partido trepidante (3-2)

O equipo vigués conseguiu igualar un 2-0, pero apañou o gol da derrota pouco despois

G24.gal 10/09/2023 22:24

En Langreo viviuse un partido trepidante, do que o Coruxo non deu sacado nada positivo. Adiantouse axiña o equipo asturiano. Marcaba Nané cando so ían disputados tres minutos de xogo. E o propio Nané puxo o dous a cero, que lles deixaba as cousas moi difíciles aos vigueses.

Pero aínda faltaban corenta minutos, e o Coruxo conseguiu a igualada. Primeiro David Añón marcaba o 2 a 1. E despois, empataba Davo. Pero catro minutos despois, no 78, Imad establecía o tres a dous definitivo.

O Coruxo queda con tres puntos, os que acadou na xornada inaugural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar