Cargando resultados...
O Coruxo perdoa unha chea de ocasións e acaba perdendo en Móstoles
G24.gal
14/11/2021 14:17
A falta de efectividade cara á porta contraria está sepultando as opcións do Coruxo nos partidos. Diante do Móstoles dispuxo de infinidade de ocasións (Garci, Borja Domingo, Chiqui, etc) pero acabou perdendo por 2-0.
Os goles chegaron nos últimos vinte minutos cando Chupe, de falta, e Álvaro Sánchez, a un minuto do final, propiciaron o triunfo madrileño.