Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CSD mantén aberta a esperanza para que Vigo sexa sede mundialista

O CSD mantén aberta a esperanza para que Vigo sexa sede mundialista

O presidente do organismo, Rodríguez Uribes, agarda subir de once a trece o números de sedes

G24.gal 17/10/2024 21:02

O presidente do Consello Superior de Deportes, Rodríguez Uribes, declarou que o número de sedes que España vai ter no Mundial aínda non está pechado e que agarda que suba de once -as que hai actualmente- ata as trece. 

Nesas contas aparecerían as cidades de Vigo e de Valencia. "Agardo que poidamos incorporar a Vigo, que ademais ten unha irmandade co Porto e estamos facendo un campionato indo da man con Portugal", comentou nunha comparecencia pública o responsable máximo do CSD. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos