O cuarto posto na regata permítelle a Nico Rodríguez subir na xeral do 470
O cuarto posto na regata permítelle a Nico Rodríguez subir na xeral do 470
O galego, a carón de Silvia Mas, deu un gran salto na clasificación xeral do Mundial de vela
Boa regata de Jaime Wizner (8º)
Só houbo unha regata con presenza galega no Mundial de vela que se está disputando nos Países Baixos. Foi un moi bo resultado para o vigués Nico Rodríguez. A carón de Silvia Mas no 470 mixto conseguiron un cuarto posto na quinta tirada e ascenderon á cuarta posición na xeral.
Ao final da regata foron quintos pero a descualificación da parella italiana, gañadora inicialmente, permitiulles subir un chanzo na xeral. Outro aspecto moi importante é que o barco de Nico Rodríguez pasa a ser o primeiro español (só vai aos Xogos un por país) e a discreta actuación de Xammar - Brugman (15º) fixo que os adiantaran na clasificación xeral. O tamén vigués Jaime Wizner obtivo un oitavo posto co que recuperou algunha posición (31º) pero están moi lonxe das prazas de privilexio.
De todos os xeitos aínda queda moito para decidir o 470 mixto. Por diante quedan seis regatas e a Medal Race.