Cargando resultados...
O cumio da OTAN compromete outros 40.000 millóns para Ucraína
O cumio da OTAN compromete outros 40.000 millóns para Ucraína
G24.gal
11/07/2024 12:21
Este xoves remata o cumio da OTAN, moi centrado na defensa de Ucraína e a firmeza ante Rusia. Na última sesión comprometeron outros 40.000 millóns de apoio militar para o próximo ano e coincidiron en defender a integración de Ucraína na alianza como algo irreversible. Din que ocorrerá cando se dean as condicións.
Foi algo que tamén destacou o presidente do Goberno español. Pedro Sánchez aproveitou a súa intervención para pedir respecto ao dereito internacional, tamén no caso de Gaza.