O cumio do clima acorda crear un fondo para compensar os países máis vulnerables
O cumio do clima acorda crear un fondo para compensar os países máis vulnerables
Rematou o cumio do clima e fíxoo sen acordo para reducir as emisións de CO2, que era o obxectivo principal do encontro
A UE amosa a súa "decepción" polo acordo climático na COP27
O cumio do clima evitou o fracaso de pechar o encontro sen un acordo final. Tras dúas semanas de negociacións e de prolongar a súa duración, os mandatarios reunidos en Exipto pactaban de madrugada crear un fondo económico para compensar os danos e as perdas causados polo cambio climático nos países máis vulnerables. De momento, o fondo está sen cartos pero todas as partes aplauden a decisión de crealo:
Millóns de persoas en todo o mundo agora poden sentir un raio de esperanza, de que o seu sufrimento finalmente se abordará de maneira adecuada, di o presidente do cumio.
Non se trata de repartir caridade. É claramente un pago inicial do investimento a longo prazo no noso futuro conxunto, un investimento en xustiza climática, explica a ministra do Clima de Paquistán. No seu país as inundacións deixan unhas perdas de 30 mil millóns de euros este ano.
O secretario xeral da ONU considera que o fondo por si só non é a solución á crise climática:
O noso planeta aínda está na sala de emerxencias. Necesitamos reducir drasticamente as emisións agora e este é un problema que este cumio non abordou. Un fondo para perdas e danos é esencial pero non é unha resposta se a crise climática borra do mapa un pequeno estado insular ou converte un país africano nun deserto", advirte António Guterres.
Decepción tamén na Unión Europea por non obter compromisos máis ambiciosos de reducir as emisións dos gases de efecto invernadoiro.
A Unión Europea veu aquí para lograr unha linguaxe forte e estamos decepcionados por non conseguilo". "Esta é a década do éxito ou do fracaso, pero o que temos por diante non é un paso suficiente para que a xente e o planeta avancen", dixo o vicepresidente da Comisión Europea.
A China, o primeiro emisor mundial de CO2, logrou non ser considerado un país con economía desenvolvida e polo tanto evita a obriga de achegar fondos polas perdas causadas.