Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor Abanca mantense infalíbel en Abegondo (2-1)

O Dépor Abanca mantense infalíbel en Abegondo (2-1)

G24.gal 06/11/2021 20:29

Vímolo na G2, e tamén a vitoria do Deportivo Abanca en Abegondo.

As de Miguel Llorente impuxéronse diante do Athletic B, nun partido en que houbo que agardar ata a segunda parte para ver os goles. O primeiro foi logo deste penalti que transformou María Ruíz aos 53 minutos. E o gol da tranquilidade das coruñesas ía chegar ao bordo do tempo regulamentario. Marcouno Alejandra Serrano. E menos mal, porque no tempo de compensación, Landaluce establecía o 2-1.

Resultado que xa sería definitivo, e que mantén ao Deportivo Abanca na zona noble da clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade