O danés Magnus Cort Nielsen, primeiro líder de O Gran Camiño 2025
O mellor galego clasificado foi Carlos Canal, que chegou sexto
O danés Magnus Cort Nielsen impúxose este mércores ao esprinte na primeira etapa de O Gran Camiño 2025, que uniu as localidades portuguesas de Maia e Matosinhos, onde o navarro Urko Berrade, un dos grandes favoritos ao triunfo final, deixou máis dun minuto.
O ciclista do Un-X Mobility converteuse no primeiro líder da carreira galega tras impoñerse no esprinte ao colombiano Santiago Mesa (Efapel Cycling) e ao italiano Giovanni Lonardi (Team Polti VisitMalta). Na liña de meta houbo unha caída sen maiores consecuencias.
O mellor galego clasificado foi Carlos Canal que chegou sexto na meta de Leça da Palmeira.
Así foi a orde de chegada en Matosinhos. #OGC25
— O Gran Camiño (@ograncamino_thr) February 26, 2025
🥇Magnus Cort
🥈 Santiago Mesa
🥉 Giovanni Lonardi pic.twitter.com/fc5o2W02ep