Publicador de contidos
Publicador de contidos

O deportivismo conta os días para o decisivo partido co Barcelona Atlétic

O deportivismo conta os días para o decisivo partido co Barcelona Atlétic

O domingo (19:00 horas, TVG) terá a primeira oportunidade de regresar ao fútbol profesional

Só o triunfo diante do filial do Barça posibilitaría o ascenso

G24.gal 06/05/2024 20:57

Sabía o Deportivo que o de Sestao ía ser un encontro duro e sufriu de certo para sumar tres puntos que poñen o ascenso a tiro de pedra. Lucas Pérez, 11 goles e 17 asistencias este curso, marcou dende os once metros tras un penalti sobre Yeremay moi protestado polos locais. Se lle gaña o próximo domingo ao Barça B, o Deportivo volverá ao fútbol profesional.

O Celta Fortuna non pasou do empate a ceros na casa do filial da Real Sociedade. Foi un partido en que apenas houbo ocasións pero onde os celestes mereceron moito máis e recuperaron boas sensacións como visitante. A lesión de Javi Rueda empanou un encontro que deixa medio encamiñado o play off.

O derbi galego da xornada deixou de todo en Espiñedo. Houbo ocasións e moita polémica. O Arenteiro, que defendía a praza de Copa do Rei, acabou cedendo tres puntos tras a expulsión de LLordan por dobre amarelo en tres minutos. Castrín, Nacho Quintana e Bernardo asinaron os goles do Lugo. Con esta vitoria, o Lugo deixa practicamente sentenciada a permanencia e entra na pelexa pola Copa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos